Buscar neste blog

SEMANA POLO CLIMA


Desde o noso centro quixemos sumarnos ás ACCIÓNS da "Semana polo Clima" propostas por "Teachers for Future Spain"(do 23 ao 27 de setembro) .

Profes polo Futuro "é un colectivo de docentes preocupados polo estado de emerxencia climática no que estamos vivindo. Levan a cabo accións concretas para cambiar a xestión dos centros escolares e para desenvolver a Educación Ambiental e favorecer o contacto coa natureza dos escolares". 

 Podedes acceder á súa páxina desde o seguinte enlace: https://teachersforfuturespain.org


Estas son as ACCIÓNS propostas:

(Fonte: pax. web de Teachers for Future)


A  continuación mostramos en imaxes os resultados desta  semana tan especial.  Deixámosvos unha pequena mostra do feito pero non dubidedes que seguiremos traballando para coidar o noso planeta.


Luns 23: Minuto de silencio pola Terra







Martes 24: Levar camiseta verde ao cole.








Xoves 26:  Realizar carteis polo clima.





Venres 27:  Parón no recreo cos carteis.



 EDU. INFANTIL  (VÍDEO)





   ED. PRIMARIA:




 



HAPPY. PROMOCIÓN 2018/19




No seguinte enlace podedes ver o vídeo "Happy" co alumnado que se gradua en  6º curso de Educación Infantil e 6º curso de E. Primaria.





DÍA DO LIBRO






Este curso, celebramos o Día do Libro con numerosas actividades. Algunhas delas son:

  

-  Elaboración dun libro dixital titulado " 35 relatos breves e un disparate".

O alumnado de Infantil elaborou a portada e a contraportada. En primaria cada alumno/a elaborou un pequeno relato.  Entre todos, elixíronse 35 microrrelatos e un disparate.


Podedes ver o resultado nos seguintes enlaces:


https://www.flipsnack.com/PADREFEIJOO/35-relatos-breves-e-un-disparate-fd1pachra.html

https://www.slideshare.net/TICSPADREFEIJOO/35-relatos-breves-e-un-disparate-140764289






-  Tamén fixemos unha exposión con fotos orixinais do noso alumnado lendo en distintos lugares. Leva por título " Eu leo aquí, eu leo así".


































DÍA DE ROSALÍA





CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA. 

Rosalía de Castro. (imaxe realizada polos deseñadores de Rei Zentolo)






 O venres  celebramos o Día de Rosalía de Castro cun roteiro pola súa vida e obra.





  Estas foron as actuacións:

     * "A vida de Rosalía"  con poema "Alborada" (4º de EP).
     * "O Rexurdimento" (5º EP).
     * "Rosalía Muller"  e poema "Tecín soia"  (1º EP).
     * Cantares Galegos:

                              - "Has de cantar" (2º EP).
                              - "Rap baseado en " Quíxente tanto meniña" (3º EP).
                              - "Adios ríos". (6º EP).


     * Follas Novas:

        - Baile " O maio" (4º EI).
        - Poema " O sol fun quentar". (5ºEI)
        -  "Negra sombra" (6º EI). 

     *"Rosalía pequeniña": canción.





Nos seguintes enlaces podedes ver os vídeos:






















DÍA DA PAZ 2019

Este ano adicamos o 30 de xaneiro,  Día Escolar da Paz e Non Violencia, os alimentos, tendo como centro de interés a horta escolar.

 1/3 dos alimentos producidos  acaban en vertedoiros antes de ser consumidos; mentres miles de persoas morren de fame no mundo e provocamos danos irreparables na Natureza (perda de recursos naturais como a auga, deforestación, desertización...).

Nas semanas previas a este día, estivemos traballando e concienciando ao noso alumnado sobre dita problemática.

No seguinte vídeo podedes ver un resumo.












                                                               DÍA DA PAZ 2018


Adicamos  o día 30 de xaneiro, Día Escolar da Paz e Non Violencia, a AUGA.
A auga é un elemento necesario e imprescindible para a vida. Últimamente por mor do cambio climático, a contaminación,... está a escasear por iso temos que concienciarnos que a auga é un ben que debemos coidar.

Nesta semana estivemos traballando nas aulas esta problemática e neste vídeo recollemos unha selección dos debuxos e murais que fixemos, así como a "inmersión na auga" de todo o alumnado do colexio.


FESTIVAL DE NADAL 2018. "TI SI QUE VALES"



A continuación enlazamos os vídeos do Festival de Nadal 2018 (Ti si que vales).


Por motivos técnicos, algunhas actuacións non aparecerán de momento (só temos imaxe sen audio).  Á volta das vacacións intentaremos  publicar as 3  que faltan. 

Nalgúns vídeos tivemos que montar o audio encima da coreografía e pode darse o caso que non encaixen exactamente. 

Esperamos que as actuacións sexan do voso agrado e que vos emocionen tanto como a todos nós. 

Parabéns a todo o alumnado participante!

Bo Nadal!



PARTE I: 

"Ni tú ni nadie": Carmen e Sara. 4ºB
"Himno de la  alegría": María.  2º A
" Éxito vogal": Xián e Xoán. 1º A






PARTE II: 

"Amigos para siempre": Aroa. 6ºB
"Sólo amigos". Candela e Carolina. 2º A
"Melody Alpine": André. 5º A
"We will rock you". Nuno, Hugo e Gael. 2º A




PARTE III: 
"Waka-waka": Aroa, Nora, Sara, Uxía e Zoe.  1º A
"OK": Estela e Sabela. 5º B
"O Oso do Courel" Xaquín. 2º A
"Can-can". Mario. 4ºA







PARTE IV: 


"That`s what I like": Victoria e Yeray. 6º A




"Ya no eras tú": Clara. 6ºA




"Me enamoré": Sofía, Iria, Irea Noa e Nuria. 4ºA
"Habana": Lucía, Noa e Mariña. 6ºA



"Reguetón lento": Jimena, Lucas e María. 4º A


"Good girls don´t lie": Irene e Naia. 4º B



"Lo malo": Irene, Julia, Noa e Uxía. 6ºB




"Ni la hora": Ana e Sole.5º B



" When the saints go marching in": Matías e Paulo. 5º A.  



"This is me": Naia e Paula. 6ºA





***Quedan pendentes de publicación as seguintes actuacións:

- " Yo ya no quiero na" de Xiana e Carla  5ºB.
- " Estrellita"- Saxofón: Anxo 4ºA
- "Fanfarria" - Bombardino: Sabela e Brais. 4ºA e 5ª B






Cóntame un conto

  Estamos moi contentes de compartir con vós o éxito do noso programa de Plan Proxecta "Contame un conto". Neste proxecto, as fa...