Buscar neste blog

DÍA DA PAZ 2019

Este ano adicamos o 30 de xaneiro,  Día Escolar da Paz e Non Violencia, os alimentos, tendo como centro de interés a horta escolar.

 1/3 dos alimentos producidos  acaban en vertedoiros antes de ser consumidos; mentres miles de persoas morren de fame no mundo e provocamos danos irreparables na Natureza (perda de recursos naturais como a auga, deforestación, desertización...).

Nas semanas previas a este día, estivemos traballando e concienciando ao noso alumnado sobre dita problemática.

No seguinte vídeo podedes ver un resumo.












                                                               DÍA DA PAZ 2018


Adicamos  o día 30 de xaneiro, Día Escolar da Paz e Non Violencia, a AUGA.
A auga é un elemento necesario e imprescindible para a vida. Últimamente por mor do cambio climático, a contaminación,... está a escasear por iso temos que concienciarnos que a auga é un ben que debemos coidar.

Nesta semana estivemos traballando nas aulas esta problemática e neste vídeo recollemos unha selección dos debuxos e murais que fixemos, así como a "inmersión na auga" de todo o alumnado do colexio.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

2° Carreira da Neurodiversidade polo TEA

2º CARREIRA ESCOLAR DA NEURODIVERSIDADE POLO TEA  (Trastorno do Espectro Autista)     Este curso terá lugar a segunda edición da carreira e...