Buscar neste blog

Día Escolar da Paz e Non Violencia 2017

A nosa aportación para conmemorar o día Escolar da paz e non violencia, é este vídeo con fotos de situacións de convivencia, compañeirismos, colaboración e harmonía que todos os días danse no noso colexio.




30 XANEIRO - DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA




O obxectivo desta conmemoración é a educación na tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a Paz.

O día 30 de xaneiro conmemórase ademáis a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, asasinado nesta data de 1948 a tiros por un fanático hinduista.

Moitas son as personas que loitan a cotío pola defensa da Paz. En moitos casos perdendo a súa vida na defensa dun mundo máis xusto e que respecte aos seres humanos.
Como unha pequena homenaxe a elas transcribimos aquí parte das súas ensinanzas.

"A educación é a arma máis poderosa que poden usar para cambiar o mundo" Nelson Mandela.
"Teño un soño, un só soño, seguir soñando. Soñar coa liberdade, soñar coa xustiza, soñar coa igualdade" Martín Luther-King.
"Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño" Mahatma Gandhi.
"A paz non é so ausencia de guerras, mentres haxa pobreza, racismo, discriminación e exclusión dificilmente poderemos alcanzar un mundo de paz" Rigoberta Menchu.
"A paz comeza cun sorriso" Nai Teresa de Calcuta.




Vídeos de UNICEF   "Contos sen fadas" 
 Vídeos de animación que reflexan as historias reais de dous nenos e unha nena que tiveron que saír do seu país por culpa da violencia ou a guerra. Como lle daríamos un final feliz a esas historias?


 A historia de Ivine e Almofada: Unha viaxe desde Siria






O paseo de Mustafá. A viaxe desde Siria





Malak e o barco: Unha viaxe desde Siria






Interesante LIM de Belén Junquera para coñecer máis sobre personas e organismos que loitan ou loitaron pola Paz.





 Conto "Me llamo Paz" de Anna Obiols

Xogo da oca para imprimir.

Quebracabezas interactivo 15 pezas


LIM do conto "Los árboles de la paz". Coa súa protagonista Wangari poderemos facer actividades para todos os ciclos.



Cazatesouros do CEIP Conde Fenosa co que poderemos coñecer máis sobre a vida de Nelson Mandela











2° Carreira da Neurodiversidade polo TEA

2º CARREIRA ESCOLAR DA NEURODIVERSIDADE POLO TEA  (Trastorno do Espectro Autista)     Este curso terá lugar a segunda edición da carreira e...