EXPERIENCIA DE 5º B COS VERMES DE SEDA.
Imos contarvos a nosa experiencia cos vermes de seda.
Este curso a nosa profesora fíxonos unha proposta: ver a evolución duns vermes de seda en todas as súas fases.Todos aceptamos.
Ao principio cando chegou cunha caixa chea de puntiños negros á clase todos estabamos expectantes. Pronto romperon os ovos e deles saíron uns vermes mois pequeniños de cor negra. Que ilusión!
Como era a primeira vez que os viamos pensamos que ían medrar moi pouco, pero chegaron a ser algo máis grandes que o dedo maimiño.
Cando nos tocou levalos á casa, xa eran algo grandes e sorprendeunos a cantidade de follas que comían. En Allariz as árbores de moreira case non tiñan follas e as que tiñan eran moi pequeniñas, entón algún rapaz aproveitou cando ía á casa dos avós para traer follas máis grandes, pois alí a moreira estaba máis adiantada. Case todos os rapaces puidemos coidalos na casa, só non os levaron os que non coñecían as follas de moreira e a eses rapaces sentoulles mal, pero os vermes morrerían, aínda que tiveron a sorte de ver todo o proceso na clase, pois o primeiro que faciamos á mañá era mirar os gusanos se estaban na clase.
Vimos como facían o casulo co fío que eles botaban pola boca e cando xa estaban dentro del mirabamolos todos os días para ver se había algún movemento e un bo día a bolboreta saiu rompendo un extremo do casulo. Que caras tiñamos todos! Non o podiamos crer! Vimos como as bolboretas se apareaban e en poucos días as bolboretas puxeron ovos e morreron.
En resumo ter os vermes de seda foi incrible.