Buscar neste blog

Carreira Escolar do Síndrome de Tourette e dos seus trastornos asociados.

 


       O próximo mércores 7 de xuño, conmemórase o Día do Síndrome de Tourette e os seus trastornos asociados. Con dito motivo e para dar visibilidade a este síndrome, e sobretodo ó valor da diversidade, temos organizada unha carreira escolar. 
     

      Para coñecer algo máis deste síndrome podedes acceder a estes enlaces:
- Documentación ofrecida na formación online que recibimos o curso pasado a cargo do psicólogo Juan Arias sobre o Síndrome de Tourette e os seus trastornos asociados.
                            Guía

- Guías da Asociación Apastta que se poden consultar online, e que no centro temos a disposición no taboleiro das salas de profes. Neste enlace pódense descargar tres tipos de guías:
            - Informe Clínico
            - Disciplina e o neno con S.T. 
            - Dosier informativo para educadores.


- No cole tamén dispomos de varios exemplares deste conto no que nos explica moi claramente a través dunha comparación como non poden controlar os tics, ó igual que nós non podemos controlar o parpadeo.




- Vídeo creado polo alumnado de 6ºE.I. no curso pasado.


- Película "Al frente de la clase" onde o seu protagonista ten este síndrome.


- Actuación do cantante Lewis Capaldi que sufre tics no medio dun concerto.












Ningún comentario:

Publicar un comentario

RADIO PATIO

ONDAS DE CREATIVIDADE! Escoita, escoita!   Os pequenos xenios de 4o convertéronse en estrelas da radio nun día épico co incrible Damián como...