Buscar neste blog

Samaín


SAMAÍN 2021

O pasado venres, día 29 de outubro, celebramos o Samaín no colexio, con baile incluído por parte do equipo de animación de 6º! 

Pese a non poder celebrarse un festival en condicións, o alumnado encargouse de decorar o colexio por todo o alto. Dentro vídeo!




Esperamos que vos guste! 

Vémonos pronto...



SAMAÍN 2019


O 30 de novembro celebramos o festival do Samaín e da Biblioteca Escolar.

A continuación poderedes ver  fragmentos do festival e a decoración do colexio.

Esperamos que vos guste!





Canción  do vídeo. Samaín. Letra e interpretación: Antonio Saco. Titor de 5º A de E.P. 











A NOITE DE SAMAÍN. 2018

Chegado o fin do mes de outubro, os pobos celtas, celebraban unha festa chamada Samhain  para conmemorar  "o final da  colleita".
Era o momento do ano no que os antigos celtas almacenaban provisións para o inverno e sacrificaban animais.

Pensaban que a noite do 31 de outubro, os espíritus dos mortos volvían para visitar o mundo dos mortais. Prendían grandes fogueiras para alonxar aos malos espíritus. Tamén pintaban e amontoaban as caveiras dos seus mortos.

A costume era deixar comida e doces fóra das casas e acender candeas para axudar a que as almas dos mortos atopasen o camiño cara a luz e o descanso xunto ao deus Sol, nas Terras do Verán.



 * Para seguir coñecendo as orixes desta festa podes mirar os seguintes enlaces:



                                                                          



DECORAMOS O COLEXIO



Este ano decoramos o cole con camisetas terroríficas que trouxeron os nenos e nenas das súas casas.
Quedou de medoooooo!

Podedes ver os resultados nos seguintes vídeos:






E se quedastes con ganas de máis, tamén podedes ver a decoración do ano pasado. "Terror no fondo mariño".💀💀💀💀💀💀🎃🎃🎃🎃🎃







LEMBRA...
Non hai mellor xeito de espantar todos os medos que ....Cantando!!!!
Esta canción de Mama Cabra Monstros e demáis....

Bailando!!!!
Canción de Mickael Jackson Thriller bailada por esqueletos.

"Brinca vai": No Samaín.




Jesús Pareja: Samaín.











Ukealaricans

Nas clases de música o alumnado de sexto está aprendendo a tocar o ukelele e para conmemorar este día tocaron esta fermosa canción de Guadi Galego "Matriarcas".

Agardamos que vos guste. 


AS MANDAS DO MECO

 

    AS MANDAS DO MECO EN E. INFANTIL:








AS MANDAS DO MECO EN PRIMARIA:




ENTROIDO CURSO 2020/21

CEIP PADRE FEIJOO-ALLARIZ



Nenos, nenas e profes a diversión xa chegou,

no CEIP PADRE FEIJOO

o ENTROIDO comezou...

Disfraces haberá por aquí e por acolá

Se os mandados do Meco cumprides xa:




Luns, 8:

Érguete da cama, 

non saques o que tes, 

trae á escola o pixama do revés.         



Martes, 9

Co pixama do revés volverás

e unha saia por enriba porás.


Mércores,10

Nin saia nin pixama quitarás

e un colar engadirás. 


Xoves, 11

Pixama, saia e colar,

cun zapato de cada imos combinar. 


Venres, 12

Pixama, saia, colar e zapatos imos esquecer...

E o disfrace que queiramos podemos escoller.







É TEMPO DE ENTROIDO!

 


    O alumnado de 3º de Educación Primaria do CEIP Padre Feijoo leu e gravou coas súas voces o libro "É tempo de Entroido!" de Ramón D. Veiga  e ilustrado por David Sierra.

Aquí vos deixamos o enlace do resultado final con música de  RTonillo.



Cóntame un conto

  Estamos moi contentes de compartir con vós o éxito do noso programa de Plan Proxecta "Contame un conto". Neste proxecto, as fa...