Buscar neste blog

Día da Paz e Non Violencia. 2019



Este ano adicamos o 30 de xaneiro,  Día Escolar da Paz e Non Violencia, os alimentos, tendo como centro de interés a horta escolar.

 1/3 dos alimentos producidos  acaban en vertedoiros antes de ser consumidos; mentres miles de persoas morren de fame no mundo e provocamos danos irreparables na Natureza (perda de recursos naturais como a auga, deforestación, desertización...).

Nas semanas previas a este día, estivemos traballando e concienciando ao noso alumnado sobre dita problemática.

No seguinte vídeo podedes ver un resumo.












Adicamos  o día 30 de xaneiro, Día Escolar da Paz e Non Violencia, a AUGA.
A auga é un elemento necesario e imprescindible para a vida. Últimamente por mor do cambio climático, a contaminación,... está a escasear por iso temos que concienciarnos que a auga é un ben que debemos coidar.

Nesta semana estivemos traballando nas aulas esta problemática e neste vídeo recollemos unha selección dos debuxos e murais que fixemos, así como a "inmersión na auga" de todo o alumnado do colexio.



Nadal 2017

Espreita ao lonxe un esplandor,
A luminaria que sinala o rumbo,
As pegadas marcan a vereda,
Xa asoman os Reis!!



Soños 2018

O equipo de Normalización Lingüística preparou este fermoso vídeo cos desexos do alumnado para o 2018, a través do poema "Irmaus" de Celso Emilio Ferreiro e música de Fuxan os ventos.



25 novembro Día Internacional contra a Volencia de Xénero







Esta canción foi escrita pola compositora Auxiliadora Cárdenas con música de Luis Enrique Godoy e a interpretación de Norma Helena Gadea, unha cantante nicaragüense de música de protesta e vernácula popular recoñecida pola súa portentosa voz que a distingue no seu estilo interpretativo de moita forza vocal.



Story Jumper

StoryJumper é unha ferramenta ideal para crear contos ou libros. Todo o proceso é moi sinxelo, dispón tamén de plantillas prediseñadas.
O único requisito necesario é o rexistro gratuito, o que permitirá gardar e seguir editando as nosas historias, pódense compartilas online.
No editor visual podemos agregar personaxes, elementos, fondos, esceas e textos, ben da galería ou das nosas propias imaxes.



Cóntame un conto

  Estamos moi contentes de compartir con vós o éxito do noso programa de Plan Proxecta "Contame un conto". Neste proxecto, as fa...