O pasado luns, 30 de xaneiro, conmemoramos o Día da Paz no centro cun acto no que participaron o alumnado de infantil e primaria e ao que acudiron persoas moi especiais para todos eles.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo de todo o vivido.
O pasado luns, 30 de xaneiro, conmemoramos o Día da Paz no centro cun acto no que participaron o alumnado de infantil e primaria e ao que acudiron persoas moi especiais para todos eles.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo de todo o vivido.
Levamos semanas respirando o ambiente navideño no noso centro xa que o alumnado e profesorado se encargaron de decoralo así de ben: dentro vídeo!
Onte, venres 11, o alumnado do cole celebrou o Día do Magosto 🌰
Mentres que o alumnado de Infantil o conmemorou no patio con xogos populares, o de Primaria fíxoo acudindo á sua cita en Torneiros.
Aquí vos deixamos os enlaces cos vídeos do resumo do noso día:
Ata pronto, familias!
O pasado venres, 28 de outubro, celebramos no centro o Día do Samaín. Para que lucise ben bonito, as familias encargáronse de mandarnos un montón de pantasmas que colgamos por todo o cole.
Deixamos aquí o enlace do vídeo con toda a decoración e, por suposto, agradecemos ás familias tantísima implicación. GRAZAS!
Por outra banda, ese mesmo día, celebramos no cole o Festival do Samaín e do Día da Biblioteca e aquí vos deixamos un pequeno resumo:Aquí vos deixamos dous vídeos sobre os Maios elaborados e sobre o ben que o pasamos o venres 🤩
Este martes, 8 de Marzo, conmemoramos o Día Internacional da Muller.
Por un lado, o alumnado de sexto interpretou a canción "Matriarcas" de Guadi Galego:
Por outro lado, decoramos o centro para tal día, aproveitando o proxecto "Donas de Si".
Deste xeito, cada aula escolleu unha muller e durante o día de onte, realizáronse actividades relacionadas coa temática.
Aquí vos deixamos outro vídeo coa decoración.
Un ano máis loitando pola IGUALDADE 💜
A pasada semana comezamos a celebrar o Entroido cos Mandatos do Meco de luns a xoves.
Pero o venres... era día de disfraz libre!
E aquí deixamos unha pequena mostra dos disfraces tan chulos que levou o noso alumnado... ían todos ben xeitosos!
Estamos moi contentes de compartir con vós o éxito do noso programa de Plan Proxecta "Contame un conto". Neste proxecto, as fa...