Buscar neste blog

Nadal 2022

Levamos semanas respirando o ambiente navideño no noso centro xa que o alumnado e profesorado se encargaron de decoralo así de ben: dentro vídeo!


NADAL 2022

Magosto

Onte, venres 11, o alumnado do cole celebrou o Día do Magosto 🌰 

Mentres que o alumnado de Infantil o conmemorou no patio con xogos populares, o de Primaria fíxoo acudindo á sua cita en Torneiros. 

Aquí vos deixamos os enlaces cos vídeos do resumo do noso día:

Magosto Infantil

Magosto Primaria

Ata pronto, familias! 

SAMAÍN 2022

O pasado venres, 28 de outubro, celebramos no centro o Día do Samaín. Para que lucise ben bonito, as familias encargáronse de mandarnos un montón de pantasmas que colgamos por todo o cole. 

Deixamos aquí o enlace do vídeo con toda a decoración e, por suposto, agradecemos ás familias tantísima implicación. GRAZAS! 

Decoración Samaín 

Por outra banda, ese mesmo día, celebramos no cole o Festival do Samaín e do Día da Biblioteca e aquí vos deixamos un pequeno resumo:


Ata pronto familias!

MAIOS 2022


O pasado venres 29 de abril, desprazámonos á Alameda de Allariz para conmemorar os Maios deste ano. Durante esa semana, o centro encheuse de mini
maios elaborados polo alumnado en colaboración coas súas familias. 

Aquí vos deixamos dous vídeos sobre os Maios elaborados e sobre o ben que o pasamos o venres 🤩





8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Este martes, 8 de Marzo, conmemoramos o Día Internacional da Muller. 

Por un lado, o alumnado de sexto interpretou a canción "Matriarcas" de Guadi Galego:


Por outro lado, decoramos o centro para tal día, aproveitando o proxecto "Donas de Si". 

Deste xeito, cada aula escolleu unha muller e durante o día de onte, realizáronse actividades relacionadas coa temática. 

Aquí vos deixamos outro vídeo coa decoración. 


Un ano máis loitando pola IGUALDADE 💜

ENTROIDO 2022

A pasada semana comezamos a celebrar o Entroido cos Mandatos do Meco de luns a xoves. 



Pero o venres... era día de disfraz libre! 

E aquí deixamos unha pequena mostra dos disfraces tan chulos que levou o noso alumnado... ían todos ben xeitosos! 






NADAL 2021

Por fin chegou unha das datas máis especiais do ano: O NADAL.

Aquí vos deixamos unha pequena montaxe sobre a decoración realizada para esta data no noso cole. Este ano a temática elixida para a decoración foi a de bolas e velas.

Agora a desconectar nestes días de vacacións e desfrutar moito. 

Vémonos o 10 de xaneiro, coas pilas cargadas.


Boas festas, familias!




Cóntame un conto

  Estamos moi contentes de compartir con vós o éxito do noso programa de Plan Proxecta "Contame un conto". Neste proxecto, as fa...