O pasado venres 29 de abril, desprazámonos á Alameda de Allariz para conmemorar os Maios deste ano. Durante esa semana, o centro encheuse de mini maios elaborados polo alumnado en colaboración coas súas familias.
Aquí vos deixamos dous vídeos sobre os Maios elaborados e sobre o ben que o pasamos o venres 🤩
Por fin chegou unha das datas máis especiais do ano: O NADAL.
Aquí vos deixamos unha pequena montaxe sobre a decoración realizada para esta data no noso cole. Este ano a temática elixida para a decoración foi a de bolas e velas.
Agora a desconectar nestes días de vacacións e desfrutar moito.
O pasado venres, día 29 de outubro, celebramos o Samaín no colexio, con baile incluído por parte do equipo de animación de 6º!
Pese a non poder celebrarse un festival en condicións, o alumnado encargouse de decorar o colexio por todo o alto. Dentro vídeo!
Esperamos que vos guste!
Vémonos pronto...
SAMAÍN 2019
O 30 de novembro celebramos o festival do Samaín e da Biblioteca Escolar.
A continuación poderedes ver fragmentos do festival e a decoración do colexio.
Esperamos que vos guste!
Canción do vídeo. Samaín. Letra e interpretación: Antonio Saco. Titor de 5º A de E.P.
A NOITE DE SAMAÍN. 2018
Chegado o fin do mes de outubro, os pobos celtas, celebraban unha festa chamada Samhain para conmemorar "o final da colleita".
Era o momento do ano no que os antigos celtas almacenaban provisións para o inverno e sacrificaban animais.
Pensaban que a noite do 31 de outubro, os espíritus dos mortos volvían para visitar o mundo dos mortais. Prendían grandes fogueiras para alonxar aos malos espíritus. Tamén pintaban e amontoaban as caveiras dos seus mortos.
A costume era deixar comida e doces fóra das casas e acender candeas para axudar a que as almas dos mortos atopasen o camiño cara a luz e o descanso xunto ao deus Sol, nas Terras do Verán.
* Para seguir coñecendo as orixes desta festa podes mirar os seguintes enlaces: