Buscar neste blog

Ukealaricans

Nas clases de música o alumnado de sexto está aprendendo a tocar o ukelele e para conmemorar este día tocaron esta fermosa canción de Guadi Galego "Matriarcas".

Agardamos que vos guste. 


AS MANDAS DO MECO

 

    AS MANDAS DO MECO EN E. INFANTIL:








AS MANDAS DO MECO EN PRIMARIA:




ENTROIDO CURSO 2020/21

CEIP PADRE FEIJOO-ALLARIZ



Nenos, nenas e profes a diversión xa chegou,

no CEIP PADRE FEIJOO

o ENTROIDO comezou...

Disfraces haberá por aquí e por acolá

Se os mandados do Meco cumprides xa:




Luns, 8:

Érguete da cama, 

non saques o que tes, 

trae á escola o pixama do revés.         



Martes, 9

Co pixama do revés volverás

e unha saia por enriba porás.


Mércores,10

Nin saia nin pixama quitarás

e un colar engadirás. 


Xoves, 11

Pixama, saia e colar,

cun zapato de cada imos combinar. 


Venres, 12

Pixama, saia, colar e zapatos imos esquecer...

E o disfrace que queiramos podemos escoller.







É TEMPO DE ENTROIDO!

 


    O alumnado de 3º de Educación Primaria do CEIP Padre Feijoo leu e gravou coas súas voces o libro "É tempo de Entroido!" de Ramón D. Veiga  e ilustrado por David Sierra.

Aquí vos deixamos o enlace do resultado final con música de  RTonillo.



TI SI QUE VALES 2019



  Un ano máis, o noso alumnado  e o equipo de "Casting" sorprendeunos coas súas habilidades interpretativas, ofrecendo un Festival de Nadal único e cheo de maxia.

PARABÉNS!

   A continuación poderedes ver as marabillosas actuacións.



   Carla, Gabriela e África.  "Single ladies".





   Enma, Cecilia, Inés, Candela e Uxía: "Can´t stop the feeling"





   Xián e Xoán: " Estou na lavadora".

Uxía, Sara e Zoe: " Llorona".






Iria e Nora: "Yo contigo, tú conmigo"






Moraima, Rocío, Raquel e Manuela: "Girasoles"







Álvaro e Marco: "Thunderstruct de ACDC"







Aldara: "Lluvia"







Alba, Nora e Lucía: " El teléfono"







Mario: "Polisana"





Sabela e Adrián: " Feliz Navidad"





Irene e Carmen: "Fuego"







Yihan: "Yesterday"






André: "La mañana"








Katia e Sara:  "Señorita"







  Carla e Nuria: "Presiento"




 Ana: "Friends"




Yasmín e Kholoud: " La plata".



Sara, Zeltia, Ruth e Amaia:"Instruction"



 Isabel, Vera, María e Mariña: "Kill this love"





Naia, María e Lucas: "Taki - Taki"




Laura e Antía: "Idénticas y opuestas"






Lucía,  Daniela e Berta: " Si me voy"





























SEMANA POLO CLIMA


Desde o noso centro quixemos sumarnos ás ACCIÓNS da "Semana polo Clima" propostas por "Teachers for Future Spain"(do 23 ao 27 de setembro) .

Profes polo Futuro "é un colectivo de docentes preocupados polo estado de emerxencia climática no que estamos vivindo. Levan a cabo accións concretas para cambiar a xestión dos centros escolares e para desenvolver a Educación Ambiental e favorecer o contacto coa natureza dos escolares". 

 Podedes acceder á súa páxina desde o seguinte enlace: https://teachersforfuturespain.org


Estas son as ACCIÓNS propostas:

(Fonte: pax. web de Teachers for Future)


A  continuación mostramos en imaxes os resultados desta  semana tan especial.  Deixámosvos unha pequena mostra do feito pero non dubidedes que seguiremos traballando para coidar o noso planeta.


Luns 23: Minuto de silencio pola Terra







Martes 24: Levar camiseta verde ao cole.








Xoves 26:  Realizar carteis polo clima.





Venres 27:  Parón no recreo cos carteis.



 EDU. INFANTIL  (VÍDEO)





   ED. PRIMARIA:




 



Cóntame un conto

  Estamos moi contentes de compartir con vós o éxito do noso programa de Plan Proxecta "Contame un conto". Neste proxecto, as fa...