Este martes, 8 de Marzo, conmemoramos o Día Internacional da Muller.
Por un lado, o alumnado de sexto interpretou a canción "Matriarcas" de Guadi Galego:
Por outro lado, decoramos o centro para tal día, aproveitando o proxecto "Donas de Si".
Deste xeito, cada aula escolleu unha muller e durante o día de onte, realizáronse actividades relacionadas coa temática.
Aquí vos deixamos outro vídeo coa decoración.
Un ano máis loitando pola IGUALDADE 💜